BALONMAN RIBEIRO

Onde Medran as Lendas

Sobre nós

Situación Actual Club

O club conta actualmente cun equipo sénior masculino, que milita na Primeira División Nacional (terceira división de España). Na súa base conta cun equipo xuvenil, cadete e infantil masculino. Xunto a un acordo de colaboración con un club da cidade de Ourense, o Balonmán Miño, puido crearse un equipo infantil feminino con varias nenas da nosa base. Dentro da nosa escola de balonmán hai dous equipos alevíns, dous equipos benxamíns, un de prebenxamíns e un grupo de babies formado por nenos e nenas de 4 e 5 anos. O número de nenos e nenas que practican balonmán vén medrando nas últimas tempadas mantendo bós rexistros para un concello que ronda os 5000 habitantes e existe unha ampla oferta de deportes coma o fútbol, o baloncesto, o karate, entre outros