A NOSA HISTORIA

Historia do Club

O Club Deportivo Cultural Ribeiro naceu nos anos 80 como unha asociación deportiva en Ribadavia, en resposta á falta de actividade deportiva local.
Comezou organizando ligas de fútbol sala e pronto incorporou o balonmán, que se converteu na súa principal actividade.
En 1988 formalizouse coma club deportivo e o seu equipo sénior alcanzou a Segunda División Nacional.
Ao longo dos anos, afrontou diversas dificultades debido a crise demográfica, a desaparición das escolas deportivas e a falla dun relevo xeracional.
No 2018, o equipo logrou o ansiado ascenso á Primeira División Nacional Masculina (3ª categoría de España), categoría na que se mantén até o día de hoxe como referencia dentro da provincia de Ourense e na comarca do Ribeiro.
Na actualidade, o club conta co equipo sénior masculino, equipos xuvenil, cadete e infantil, xunto aos equipos que forman as categorías base da súa escola de balonmán que destaca polo seu crecemento dentro dun concello pequeno pero moi activo en deporte.